Saturday 27 de April de 2024

Cabo e Samertolameu, campións galegos de traiñeiras na primeira xornada da bandeira Teresa Herrera


As embarcacións feminina e masculina conseguiron o título na rolda de clasificación

Cabo e Samertolameu, nas categorías feminina e masculina, son os novos campións galegos da Liga Galega de Traiñeiras. Ambos equipos conseguiron o título na última xornada, coincidindo coa fase de clasificación da bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, que celebra esta fin de semana a súa edición número 36 masculina e sexta feminina. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, foi a encargada de entregar os trofeos aos vencedores tras unha tarde de gran ambiente na enseada do Orzán.

Na xornada de mañá, a competición comezará coa ofrenda á xente do mar, ás 11.30 horas. Ás 11.45 comezará a regata feminina, mentres que ás 12.15 será a proba masculina. Ás 13.30 horas está previsto que sexa a entrega de premios no Predio dos Mariño.